martes, 31 de enero de 2017

HABILIDADES CIENTIFICAS

ACUARIO DE REFRESCOS
As habilidades serían a OBSERVACIÓN (analiza o que ve) e a COMUNICACIÓN (informa das observacións)

TORRE DE CORES
As habilidades son a OBSERVACIÓN (analizar a diferente distribución das sustancias), a ELABORACIÓN DE CUESTIÓNS (plantexa preguntas sobre a posible causa), HIPÓTESE (formula a resposta) e COMUNICACIÓN (informa das conclusións)

PLANO INCLINADO
As habilidades son a OBSERVACIÓN (analizar a situación), a ELABORACIÓN DE CUESTIÓNS (plantexa preguntas), HIPÓTESE (formula unha posible resposta), PLANIFICACIÓN E INVESTIGACIÓN (ten que deseñar e realizar experiencias que lle permitan responder a pregunta plantexada: ¿hai ou non relación?) e COMUNICACIÓN (informa das conclusións)

BUZO
As habilidades son a OBSERVACIÓN (analizar a situación, ver se sobe ou baixa), a ELABORACIÓN DE CUESTIÓNS (plantexa pregunta sobre a causa), HIPÓTESE (formula unha posible resposta), PLANIFICACIÓN E INVESTIGACIÓN (ten que deseñar e realizar experiencias que lle permitan verificar ou non a hipótese formulada), INTERPRETACIÓN (extrae conclusións en función dos resultados) e COMUNICACIÓN (informa das conclusións)

martes, 24 de enero de 2017

BUXAINA

PRÁCTICA 1: GUÍA PARA FACER UNHA BUXAINA
¿quén ten o control?

SOBRE A CUESTIÓN QUE SE PLANTEXA

O profesor, dado que é o que marca as pautas a seguir

SOBRE O PROCEDEMENTO A REALIZAR

O profesor porque indica cales son os pasos a seguir e a orde cronolóxica dos mesmos, os mateirais a utilizar e como hai que realizar a toma de datos,

SOBRE OS RESULTADOS

O profesor, dado que o marcar unhas pautas bastantes precisas estas conducirán a un resultado concreto



PRÁCTICA 2: FAI UNHA BUXAINA QUE AGUANTE MAIS DE 8 SEGUNDOS XIRANDO
¿quén ten o control?

SOBRE A CUESTIÓN QUE SE PLANTEXA

O profesor, dado que é o que marca as pautas a seguir; hai un obxetivo claro

SOBRE O PROCEDEMENTO A REALIZAR

O control é do alumno pois ten liberdade á hora de construir a buxaina. Pode modificar as variables segundo o seu criterio, grosor do cartón, altura do mesmo, tipo de lápiz, tipo de lápiz, etc

SOBRE OS RESULTADOS


O alumno, dado que o ser este o que elixe a variable condiciona o resultado final





O motivo de facer o curso foi que o título do mesmo me pareceu interesante e me provocou curiosidade. Así como visualizar a utilizade do mesmo na aula e adquirir destrezas e recursos para lévalo a práctica


A indagación como forma de ensino da ciencia creo que ofrece certas vantaxes, dado que cando un alumno investiga e experimenta por el mesmo sempre asimila mellor os contidos científicos así adquirir outras habilidades tales coma pensamento crítico, capacidades de reflexión, análise de resultados, etc. Quizás tamén se poida enfocar como unha forma de espertar o interese na ciencia dos adolescentes e familiarizarnos coa maneira de traballar dos científicos; do mesmo xeito que nos permite contribuír a formar cidadáns competentes en ciencia

Hola Son Ana, profesora de Física e Química no IES G. Torrente Ballester de Pontevedra. Imparto Física e Química e Ciencias Aplicadas na ESO (segundo, terceiro e cuarto)